viernes, 26 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Como sabedes, o 18 de Maio foi o día das Letras Galegas. Este ano conmemorouse a Carlos Casares e nós quixemos contar cunha das súas obras para celebralo → A Galiña Azul
Resulta que o luns 15 de Maio con motivo desta celebración recibimos unha visita moi especial, xa que viñeron a vernos nenos e nenas da Escola Infantil A Camelia. Foi sen dúbida unha visita que encheu de ilusión, de sorisos e de ledicia ós nosos residentes.

Ás 10:30 chegaron os cativos e cativas que foron recibidos cun forte aplauso no ximnasio.


Todo estaba preparado para a ocasión: unha árbore chea de palabras en galego, un equipo de contacontos formado polos propios residentes (preparado para contar a historia da Galiña Azul), un acordeón disposto para soar no momento axeitado e un montón de globos agardando ó momento xusto para ser lanzados coma si de ovos de cores se tratara.
















Todo listo para comezar a contarlle o conto da Galiña Azul a esta visita tan especial, iso si, precisamos da súa axuda para que todo saíra como é debido.



 Non o sabemos, pero parece que o alumnado da Escola Infantil A Camelia pasouno bastante ben, ¿vós qué opinades?


¡Se ata rematamos cantando cancións coa compaña do acordeón dun dos nosos residentes!


Esperamos que experiencias tan enriquecedoras coma ésta, podámolas repetir pronto.
Por iso é polo que lle agradecemos á Escola Infantil A Camelia que quixera levar a cabo esta vivenza con nós.