Onte, 17 de maio, foi o día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada foi María Victoria Moreno, licenciada e catedrática de lingua e literatura española, que anque non naceu en Galicia foi unha das voces máis importantes da nosa literatura.
O pasado mércores 16 de maio, con tal motivo, levamos a cabo un intercambio interxeracional coa escola infantil "A Camelia" no que unha pequena parte dos nosos residentes lle contaron un conto da autora homenaxeada ós cativos.
O conto titúlase "Xa non teño medo" e a continuación vos deixamos un vídeo no que se amosa o resultado desta pequena adaptación que fixemos: