jueves, 2 de febrero de 2023

FELIZ DÍA DA CANDELARIA

Hoxe, día da Candelaria, estivemos facendo un pouco de memoria sobre a nosa tradición con respecto a esta data tan sinalada para Galicia, na que se fixo especial mención ás velas que se levaban á igrexa para ser bendecidas e que así, tiñan a capacidade de espantar as tormentas.


Tamén falamos de que o día de hoxe, é coñecido tamén como o día das bodas dos paxaros porque parece ser, que as aves que migraron no inverno, volven hoxe e fan os seus niños, o que significa que o bo tempo vai chegando, iso sí, cos nosos refráns populares, non nos queda moi claro si comeza a primavera (como tamén se di) ou todavía nos queda medio inverno por vivir.

Deixámosvos dous dos refráns que nos revelaron: