miércoles, 26 de febrero de 2025

ENTROIDO 2025 CON SAN JOSÉ DE LA GUÍA

A verdadeira aprendizaxe non só está nos libros, senón nas conexións que creamos. O alumnado de infantil do colexio San José de la Guía e o de Integración Social compartiron cos nosos maiores unha xornada moi especial. Desfrutamos dunha mañá con distintos obradoiros: exploramos a orixe do Entroido, decoramos máscaras galegas e gozamos dun desfile cheo de cor e alegría.